Estudo

No ano 2006 Juan Ares crea o estudo de interiorismo Espacio Invisible que desde entón vén desenvolvendo distintos proxectos vinculados ao ámbito do deseño interior, deseño de produto e mobiliario.

Situados en Vigo, o noso ámbito de actuación profesional ábrese a toda Galicia.

Estamos especializados na área contract: proxectos de deseño e interiorismo de locais comerciais, hostalería, oficinas, clínicas, stands corporativos e reforma de negocios.

Realizamos así mesmo proxectos de deseño e interiorismo dentro do ámbito residencial e de vivenda.

Cada proxecto que acometemos é único e así debe ser entendido. Desenvolvemos o mesmo sobre unhas sólidas pautas como son a coherencia, rigor e exploración.

Enfrontámonos a cada proxecto coa intención de gozar no proceso creativo do mesmo, pero tamén o interpretamos como un exercicio de responsabilidade e debo, primeiro ante a confianza depositada en nós por parte dos nosos clientes, e segundo cara á nosa profesión.

Somos detallistas e apaixonados do noso traballo. Tamén permeables, absorbentes e camaleónicos co fin de mimetizar plenamente cos distintos retos profesionais que acometemos. Buscamos a utilidade, pero tamén a emoción. Gústanos chegar a esas cousas sinxelas que parecen insignificantes. Pero non o son.

Esa é a diferenciación,
a nosa diferenciación.

Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar