A Tapa do Barril, Vigo

Un negocio familiar con máis 40 anos de vida que  actualiza a súa imaxe e lanza a súa posta en escena en plena Porta do Sol.

A Tapa do Barril forma parte da oferta hostaleira da recente historia da cidade de Vigo. As súas afamadas e recoñecidas empanadillas son xa un clásico da oferta gastronómica da cidade, sabendo manter o sabor tradicional no produto combinándoo con novas propostas que satisfagan os padais máis esixentes. O seu novo despacho de venda en Porta do Sol, 4 é unha mostra da importancia de manter os valores orixinais do negocio abríndose e actualizandose ao mercado cada vez máis cambiante.

O interiorismo se catacteriza por transmitir a calidez tanto nas súas formas como nas súas texturas. A complexidade do proxecto radicou enormemente nas dimensións reducidas do espazo. En apenas 30 m2 tíñase que proxectar todo o potencial e variedade de oferta gastronómica do negocio, complementada dita oferta con outros produtos de venda directa. Partiuse do obxectivo de crear máis  espazo, senón na área funcional, sí na sensación de maior amplitude visual. Para  iso demoleuse o faso teito existente e pertencente ao anterior negocio, para descubrir un forxado estrutural de madeira que supuxo un plus inesperado no interiorismo do proxecto. Ao mesmo tempo, os preciosos muros de sillería pertencentes ao inmoble de principios do século pasado, saíron á luz, proporcionando ao espazo un pouso de tradición e sobriedade.

No desenvolvemento de produto, inspirámonos no segredo da masa, para xogar con elementos retroiluminados en paredes que provocasen certa frescura e identidade ao espazo. Sobre a masa móstranse unhas xeometrías dun corte limpo e sinxelo que se basean na maneira de proceder na  montaxe das empanadillas e os seus ingredientes. Os materiais que utilizamos na materialización do proxecto foron a madeira de carballo natural blanquecida para a execución do mobliario corporativo, singularizado o mesmo coa utilización da rexilla de vimbia esterillado.  Os paneis que simulan a conceptualización da masa están realizados en planchas metálicas mecanizados con luz retroiluminada. Para o pavimento propúxose un porcelánico de tipo  terrazo, mentres que para as paredes utilizamos un alicatado branco mate cunha aparencia de formato "feito a man". Os teitos de madeira maciza saneáronse, aplicando un verniz mate transparente que comunican a autenticidade do mesmo. Unha coidada iluminación técnica potencia a volumetría singular do espazo, complementando a mesma cunhas lámpadas de deseño propio corporativo, realizadas igualmente e combinadas co mobiliario en madeira de carballo e rexilla esterillada.

Un local con frescura e sabor tradicional...

 

 

Ficha técnica

Proxecto: A Tapa do Barril.

Tipoloxía: Despacho alimentario

Superficie: 35 m2.

Localización: Vigo, Pontevedra.

Ano: 2018

Fotografías: Espacio Invisible.