La Curiosa, Santiago de Compostela

Unha divertida  tenda gourmet de conservas e viños galegos preséntase en pleno centro histórico Compostelán.

As latas de conservas, produto estrela,  preséntanse con un  colorido e didáctico packaging comercial. Desde os felices anos 20 ata a actualidade, a noticia máis relevante de cada ano ten a súa correspondente dedicatoria nunha lata de conservas.

En canto ao deseño, o proxecto construíuse en base á idea de xerar un espazo singular, entretido e cunha certa estética  ilusoria na súa posta en escena. Desta maneira, a través dunha viaxe no tempo, materialízase todo o deseño específico de produto e mobiliario a medida: a destacar os cochetes como soporte de venda diferenciador e imaxe distintiva de marca. O mostrador, como globo aerostático, o escaparate cos subrmarinos e as súas hélices en movemento, o barco de pesca, ou as avionetas expositivas, axudan a configurar un interior  envoltente, fantasioso e narrativo.

Adéntrate nunha viaxe marabillosa no tempo !!

Benvido a La Curiosa!!

 

Ficha técnica

Proxecto: La Curiosa, Santiago de Compostela

Tipoloxía: Tenda gourmet

Superficie: 60 m2

Localización: Santiago de Compostela. Rúa dos Bautizados, 12. CP 15702

Ano: 2020

Equipamento: Espacio Invisible.

Fotografías: La Curiosa / Espacio Invsible