Mercado Gastronómico La Galiciana

Por magnitude e complexidade , sen dúbida o encargo do proxecto do Mercado La Galiciana foi un dos maiores retos profesionais que nos confiaron como estudo de deseño e interiorismo. Partimos co obxectivo de crear unha atmosfera de mercado gastronómico europeo, pero cunha identificación clara e distintiva cara á cultura e tradicion galega. A primeira parte do mercado, desde a entrada ata a nave industrial, é unha homenaxe ao valor do cultivo da terra, os seus produtos e sobre todo a súa xente. O espazo envólvese con xeometrías irregulares e sectorizadas en dúas tonalidades de cortiza natural que simbolizan o singular minifundismo de galicia. Referenciamos a arquitectura popular no mobiliario a través dos hórreos, e levamos a esencia dos mercados tradicionais e feiras nos formatos dos distintos postos markets de venda. A segunda parte do espazo, correspóndese co aproveitamento da nave industrial orixinal, construída a mediados do século pasado e que por si mesma xa xeraba unha beleza propia caracterizada polas cerchas constrructivas que soportan a cuberta da nave. Na zona de altillo homenaxéase o mar de galicia a través da industria conserveira, motor económico e social da nosa terra. Sen dúbida, os mellores embaixadores galaicos serán os 14 postos markets que conforman a oferta gastronómica do mercado e que tamén confiaron no noso estudo de  interiorismo o deseño e ambientación dos seus espazos. En breve publicarase unha ampla reportaxe fotográfica do mercado gastronómico e de cada un dos seus postos.

Ficha técnica

Proxecto: Mercado La Galiciana

Tipoloxía: Mercado gastronómico

Superficie: 1.400 m2

Localización: Santiago de Compostela, A Coruña.

Ano: 2018

Equipamento: Espacio Invisible.

Fotografías: Espacio Invisible.

Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar