Reforma de aseguradora

Reforma de oficinas por cambio de titularidade.

Proxecto de longo percorrido no seu proceso evaluativo inicial, debido á complexidade de servizos a prestar pola Inmobiliaria e Xestoría e as limitacións espaciais. O fluxo continuo de información entre o cliente e o estudo, referido ás súas actividades profesionais do día a día, foi esencial para a consecución final duns espazos confortables no seu uso e atractivos nas súas formas.

Brancos e grises, estes en distintas tonalidades, transmiten a solvencia e seriedade da empresa. As xeometrías dos espazos e o seu deseño, con volumes sobrios e limpos, escenifican o novo rumbo a proxectar por parte do noso cliente: renovación e innovación.

Ficha técnica

Proxecto: García Sánchez Seguros.

Tipoloxía: Oficinas.

Superficie: 180 m2.

Localización: Boiro, A Coruña.

Ano: 2014.

Equipamento: Espacio Invisible.

Fotografías: Espacio Invisible.

Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar