Reforma despacho de panadería

Acondicionamento dun pequeno baixo comercial para despacho de panadería artesanal.

A ubicación, na rúa peonil de Boiro, potenciou a disposición de plasmar unha escenografía natural, sinxela e coidada, e con certos guiños ós "boulangeries" de antaño.

Madeira de roble natural e revestimentos en todas as paredes cunha estética de rafia natural envolven os espacios, culminando a fachada cunhas liñas refinadas en acabados brancos rotos desgastados.

Ficha técnica

Proyecto: Panadería La Espiga.

Tipoloxía: Despacho de pan.

Superficie: 45 m2.

Localización: Boiro, A Coruña.

Ano: 2014.

Equipamento: Espacio Invisible.

Fotografías: Espacio Invisible.

Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar