Reforma oficinas. Boiro, A Coruña

Reforma de oficiñas, Boiro.

Coa premisa de optimizar ao máximo os 70 m2 dispoñibles nunha entreplanta urbana para dar cabida á nova sede da empresa "Pesquera Vila" , exponse un proxecto lixeiro, diáfano e esencialmente funcional.

Os paramentos acristalados que delimitan as distintas áreas así como a utilización monocromática da cor branca proxectada nos distintos materiais construtivos axudan a configurar unha percepción espacial ampla e afable.

A singularidade e exquisitez do proxecto vese reflectido nos máis mínimos detalles. As paredes están bañadas por xeometrías de simboloxía náutica, a sala de espera configúrase cos singulares puff "Noray" e a cor azul mariño profundo proxectado na imaxe corporativa terminan por retrotraernos ao ámbito marítimo onde se atopa englobada a actividade profesional do noso cliente.

Ficha técnica

Proyecto: Pesquera Vila.

Tipoloxía: Oficinas Corporativas.

Superficie: 70 m2.

Localización: Boiro, A Coruña.

Ano: 2016

Equipamento: Espacio Invisible

Fotografías: Pablo Chouza / Espacio Invisible

Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar