Stand Consellería do Mar

En colaboración e coordinación coa empresa Escenoset , realizouse unha achega de servizo de deseño específico para o  desenvolvemento  de mobiliario personalizado e elementos de atrezo ambientativo.

A inspiración xurdiu neste caso, partindo do slogan comercial utilizado pola Consellería do Mar para promocionar a pesca galega: "O noso mar, marca".  A través da consideración dunha nova acepción para a palabra "marca", descubrimos que o pobo mariñeiro da Guarda (Pontevedra) conforma un dos últimos redutos do vello continente Europeo no que se mantén vivo un código de identificación propio e ancestral con que os pescadores marcaban os seus aparellos de pesca. Estas xeometrías son hoxe obxecto de estudos internacionais nos cales se profundiza no valor cultural e patrimonial destes códigos xeométricos. Con esta base inspiradora, desenvolverase a liña principal do mobiliario auxiliar distinguíndoo principalmente pola aplicación gráfica de carácter xeométrico sobre os seus distintos volumes.

 

 

Ficha técnica

Proxecto: Deseño de mobiliario e atrezzo ambientativo.

Tipoloxía: Stand expositivo oficial Consellería do Mar. 

Superficie: Variable

Localización: Madrid - Bruxelas - Milán - Boston

Ano: 2019

Fotografías: Escenoset.

Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar