Sra. Florinda, Pontevedra.
Estamos convencidos de que o éxito dun proxecto radica na confianza mutua entre cliente e estudo, algo que foi constante desde os inicios e conceptualización do deseño corporativo integral de Sra.Florinda. Como estudo de deseño, motívanos singularizar e fundamentar as propostas de interiorismo inspirándonos en historias reais do cotío,na cultura popular mais próxima...
Deste xeito comezamos a traballar no proxecto desde a orixe: os herbarios e a súa presenza na sociedade. Documentándonos descubrimos a presenza na Provincia de Pontevedra de grandes menciñeir@ s e persoas que utilizaban os seus coñecementos no àmbito de herbas medicinais. Unha das últimas representantes desta sabedoría foi a Sra.Florinda Rodríguez, a "bruxa de Goiás": "A cada mal, a súa herba", dicía. Fundamentado o nome comercial sustentado nunha historia real e próxima, o obxectivo era envolver o espazo comercial con ese aroma das antigas tendas ultramariños de outrora, pero cun leve filtro de contemporaneidade e sinxeleza. Deste xeito utilizáronse formatos construtivos referenciais e asociados aos devanditos espazos e época: pisos en madeira espigados, alicatados brancos e mobiliario sobrio e contundente en carballo natural. Interpretáronse os tradicionais mobles de "botica" caracterizados polo seu formato para expoñer produto "a granel".
Soamente faltábanos " singularizar" o interiorismo cunhas pezas lumínicas que debesen ser igualmente evocadoras : as " peneiras" como iluminación xeral e a lámpada " Almírez" iluminando o mostrador principal. As primeiras, funcionarían como plafóns lumínicos que achegarían a iluminación lineal do espazo, executándose a través dunha intervención artesanal exquisita con fío de algodón natural, recreando en cada ferramenta de criba distintas herbas medicinais propias de Galicia. A segunda, inspirada no útil de moer especies, e que se posicionaría no centro do espazo, iluminando sutilmente o mostrador principal e de atención ao cliente. Sen dúbida un proxecto con moito carácter e soleira acorde á preciosa cidade de Pontevedra.
Ficha técnica
Proxecto: Sra. Florinda.
Tipoloxía: Herbario.
Superficie: 120 m2
Localización: Pontevedra.
Ano: 2018
Constructora: Vilas Proyectos.
Fotografías: Espacio Invisible.





