Restaurante Furancho. Madrid
Proxecto e dirección de obra, Madrid.
A proposta de levar un Furancho a Madrid situounos, como estudo de deseño galego, entre a disxuntiva de evitar un sacrilexio popular galaico, ou pola contra, a de aproveitar a oportunidade e proxectar a idiosincrasia autóctona baixo uns criterios de innovación e contemporaneidade.
Apostando claramente polo segundo e baixo unha coidada posta en escena , tentamos trasladar e reflectir a esencia dos Furanchos: zonas acondicionadas en vivendas particulares do rural, onde se vende o excedente de produción de viño de colleita propia acompañado dunha degustación de tapas caseiras.
Ficha técnica
Proxecto: Furancho Galician Food
Tipoloxía: Gastro Bar
Superficie: 160 m2
Localización: Plaza de España, Madrid.
Ano: 2015
Equipamento: Espacio Invisible
Fotografías: Furancho Galician Food