Vialia Vigo. Zonas comúns
- Punto de información
- Área infantil
- Playground
- Área relax
- Área Workspace
Deseño e execución integral das distintas áreas que compoñen o atrium principal do centro comercial Vialia Vigo.
As tres áreas están proxectados baixo un mesmo fío condutor no referido ao deseño escenográfico: Xulio Verne e o capítulo VIII da súa novela "Vinte mil leguas de viaxe submarina" que o escritor francés dedica á cidade de Vigo.
A primeira das zonas proxectadas é o espazo Playground, deseñado e enfocado para os máis pequenos. O deseño vira contorna a uns singulares tubos de burbullas de auga con cambio cromático que achega ao espazo dinamismo e diversión. Uns libros xigantes con pantalla de xogos táctiles e tematizados na novela de Verne achegan unha opción máis de xogo para o público infantil.
A segunda área deseñada é a zona Relax, cun enfoque máis próximo a unha estancia de descanso. O espazo se tematiza novamente a través da novela "Vinte mil leguas de viaxe submarina". O capítulo íntegro que Verne dedica á cidade de Vigo aparece proxectado nuns singualres libros lumínicos que caen en suspensión por todo o espazo.
Por útlimo o espazo chamado WorkSpace está destinado a un lugar máis de encontro e reunións informais de traballo. Os dous mesados principais, electrificados para recargas de equipos informáticos/móbiles, realizan un servizo de punto informal de reunión e traballo. A impoñente luminaria Submarine realizada a medida para o éste proxecto, ilumina linealmente ambos mesados a través dos seus distintivos periscopios lumínicos. O espazo termínase de configurar cunhas zonas de sofás "bis a bis".
Finalmente proxéctase o punto informativo do centro comercial. Deseñado cunha clara inspiración atlántica, a súa potente volumetría e simboloxía cumpre a función de referente visual e punto de encontro no amplo espazo do atrium central.
Ficha técnica
Proxecto: Zonas comúns - Vialia Vigo.
Tipoloxía: Deseño estancial e mobiliario a medida.
Superficie: 600 m2
Localización: Centro comercial Vialia Vigo
Equipamiento e execución de obra: Espacio Invisible.
Fotografías: Espacio Invsisible