Cocktelería Grolos

Deseño e execución  da cocktelería Grolos dentro do espazo común do Mercado Gastronómico A Galiciana. O encargo supuxo a posta en escena dunha barra de servizo especializada en cocktails e vermutería. A súa ambientación,dunha maneira moi sútil, orixinouse a través do tributo  a un instrumento que acompañou e acompañará ás estampas de orballo Compostelás, o paraugas popularmente coñecido como " Sete Parroquias".

A contrabarra realizouse en chapa metálica de minionda en acabado negro, remachada en zonas puntuais con punteiros de metal que proxectarían desta maneira a textura cóncava e remate asociados á volumetría do paraugas. O frontal da barra realizouse nun acabado efecto coiro lembrando a cobertura dos mangos antigos.
Lumínicamente realizáronse unhas lámpadas a medida  recreando a estrutura de metal do paragüas, completando a escenografía da luz cunhas luminarias recreando un efecto de caída de choiva.

 

 

Ficha técnica

Proxecto: Cocktelería Grolos

Tipoloxía: Barra de cocktelería e vermutería.

Superficie: 45 m2

Localización: Santiago de Compostela | Mercado Gastronómico La Galiciana

Ano: 2018

Equipamento e execución de obra: Espacio Invisible.

Fotografías: José Chas | Espacio Invsisible