Galletería Biscuits Galicia
En pleno Casco Vello de Vigo, a primeira fábrica de galletas de Galicia, Biscuits Galicia, presenta a súa renovada liña de cafetería/galletería a pé de rúa.
O proxecto radicou en conseguir un espacio confortable e divertido que ilusionara tanto a nenos como a maiores.
Galicia, omnipresente na propia filosofía corporativa e comercial da marca, debería estar reflexada e latente no propio interiorismo do espazo. Deste xeito aplicamos tradición e artesanía con un entrelazado de cestería en toda a barandilla delimitadora do altillo, que se integra perfectamente dentro dunha atmósfera contemporánea e actual.
Outro guiño á esencia popular, fíxose a través do desenrolo das luminarias "pandelletas" ( pandereta + galletas): unha peza icónica que resultará co paso do tempo representativa e corporativa dos locais "Biscuits Galicia".
O elemento "dinamizador" e estrela do proxecto, é sen dúbida, o Tren Biscuits, unha homenaxe ó famoso tren de Andrés do Barro, icónico e pioneiro cantante Pop da música Galega.
Un divertido e variado surtido de galletas trasládase ó local en forma de xigantescos tapizados que salpican o teito principal do espacio, dotando ó mesmo de singularidade e colorido, proporcionando a maiores, unha acústica óptima .
A gama cromática foi seleccionada en base a un estudio previo realizado ca propia firma comercial. Aplicáronse tanto nos revestimentos estructurais como no propio mobiliario corporativo unha paleta concreta de cores identificativos co ADN Biscuits.
Personalización e autenticidade para unha propia e singular historia.
Boa viaxe para o tren de Biscuits Galicia.
Ficha técnica
Proxecto: La Galletería Biscuits Galicia.
Tipoloxía: Local de hostelería.
Superficie: 120 m2
Localización: Vigo, Pontevedra.
Ano: 2018
Equipamento: Espacio Invisible.
Fotografías: Espacio Invisible.














