Iraxai Taberna Xapo Galega

Taberna que fusiona  gastronomía galega e xaponesa.

O estudo Espacio Invisible realiza o proxecto de deseño e execución integral do espazo. Cunha paleta contida de materiais lógrase crear un entorno acolledor e con proxección de  estética nipoa . A madeira en tonalidade natural con efecto lama ten un peso importante na configuración xeral da escenografía . Combínase con cerámica natural en acabados arenosos. Búscase a calidez e o equilibrio de formas sinxelas.  Unhas rechamantes luminarias que se suspenden sobre o tramo frontal da barra degustación proxectan visualmente un elemento característico da vestimenta oriental, os chapeus cónicos realizados comunmente con fibras naturais e que reciben en Xapón o nome de Sugegasa. 

 

Ficha técnica