Juan Ares marine design
A nosa é unha alma mariña. Interactuamos co océano, coa brisa e co seu alcance. Conceptualizamos o tanxible, a auga, e o intanxible, a marea, para despois, mediante o deseño e, acadar unha vertebración e finalmente a materialización. Este proceso dá lugar ao produto e define a identidade distintiva do noso estudo.
Cada peza proxectada ven precedida dun traballo metódico e de investigación. Isto leva a un intento que, ás veces, deriva nun descubrimento. Unha vez probada, exponse e compártese. Ese é o obxectivo.
Ficha técnica
Proxecto: Juan Ares marine design
Tipoloxía: Estudo
Superficie: 50 m2.
Localización: Boiro, A Coruña.
Ano: 2013.
Equipamento: Juan Ares marine design.
Fotografías: Juan Ares.













