La Curiosa, Santiago de Compostela
Unha divertida tenda gourmet de conservas e viños galegos preséntase en pleno centro histórico Compostelán.
As latas de conservas, produto estrela, preséntanse con un colorido e didáctico packaging comercial. Desde os felices anos 20 ata a actualidade, a noticia máis relevante de cada ano ten a súa correspondente dedicatoria nunha lata de conservas.
En canto ao deseño, o proxecto construíuse en base á idea de xerar un espazo singular, entretido e cunha certa estética ilusoria na súa posta en escena. Desta maneira, a través dunha viaxe no tempo, materialízase todo o deseño específico de produto e mobiliario a medida: a destacar os cochetes como soporte de venda diferenciador e imaxe distintiva de marca. O mostrador, como globo aerostático, o escaparate cos subrmarinos e as súas hélices en movemento, o barco de pesca, ou as avionetas expositivas, axudan a configurar un interior envoltente, fantasioso e narrativo.
Adéntrate nunha viaxe marabillosa no tempo !!
Benvido a La Curiosa!!
Ficha técnica
Proxecto: La Curiosa, Santiago de Compostela
Tipoloxía: Tenda gourmet
Superficie: 60 m2
Localización: Santiago de Compostela. Rúa dos Bautizados, 12. CP 15702
Ano: 2020
Equipamento: Espacio Invisible.
Fotografías: La Curiosa / Espacio Invsible