Nikis Galicia Style
Nikis Galicia Style, é unha comercializadora de camisetas e agasallos idiosincrasiamente galegos.
A mellor maneira de comezar a traballar no encargo de crear a nova imaxe corporativa das tendas Nikis Galicia Style foi a de poñer o deseño e o interiorismo a diposición da retranca galega.
Deste xeito buscamos a orixe e a autenticidade da mesma na denominada Ghalisia profunda. Facemos acopio de escenografías arquitectónicas etiquetadas como "feismos" e as proxectamos cun aire divertido e desenfadado ó espazo comercial.
Os interiores se configurarán con materiais comunmente utilizados nos alpendres da Galicia máis caníbal en termos urbanísiticos: bloques e celosías de formigón , ladrillo visto e a archicoñecida uralita cas variantes de fibrocemento e poliester traslúcido.
O mobiliario expositivo está singularizado a través duns mesados centrais que se fabricaron en pino país completando as súas encimeiras cun hule ben chamativo e plasticoso característico das mesas máis furancheiras. Nunha área concreta do espazo se proxecta un auténtico ghaliñeiro de aldea, donde os chamados poleiros funcionan como un singular soporte de venta de producto.
No eido lumínico compaxinamos unha liña máis técnica e comercial con elementos decorativos feitos a medida. A destacar a lámpada Pitas, realizada cos comedeiros metálicos comúnmente utilizados para dar de comer as galiñas e os ventiladores lumínicos "Stihl-aso", unha oda a ese son do característico desbroce do campo galego. Desbrocemos e coidemos o noso entorno rural para que nos siga dictando pequenas dosis de retranca ante un futuro incerto e perigosamente dixital.
Ficha técnica
Proxecto: Nikis Galicia Style
Tipoloxía: Comercial.
Superficie: 160 m2.
Localización: Vigo, Pontevedra.
Ano: 2019
Fotografías: Espacio Invisible.