Stand Consellería do Mar
En colaboración e coordinación coa empresa Escenoset , realizouse unha achega de servizo de deseño específico para o desenvolvemento de mobiliario personalizado e elementos de atrezo ambientativo.
A inspiración xurdiu neste caso, partindo do slogan comercial utilizado pola Consellería do Mar para promocionar a pesca galega: "O noso mar, marca". A través da consideración dunha nova acepción para a palabra "marca", descubrimos que o pobo mariñeiro da Guarda (Pontevedra) conforma un dos últimos redutos do vello continente Europeo no que se mantén vivo un código de identificación propio e ancestral con que os pescadores marcaban os seus aparellos de pesca. Estas xeometrías son hoxe obxecto de estudos internacionais nos cales se profundiza no valor cultural e patrimonial destes códigos xeométricos. Con esta base inspiradora, desenvolverase a liña principal do mobiliario auxiliar distinguíndoo principalmente pola aplicación gráfica de carácter xeométrico sobre os seus distintos volumes.
Ficha técnica
Proxecto: Deseño de mobiliario e atrezzo ambientativo.
Tipoloxía: Stand expositivo oficial Consellería do Mar.
Superficie: Variable
Localización: Madrid - Bruxelas - Milán - Boston
Ano: 2019
Fotografías: Escenoset.