Stand Consellería do Mar 2020

O stand promocional da Consellería do Mar, baixo a coordinación xeral da empresa Escenoset,  volve levar o selo creativo do estudo Espacio Invisible. Aínda que o deseño mantén a súa estrutura principal do ano anterior, incorpóranse novos elementos escenográficos ao proxecto. A destacar a realización dunhas esculturas humanas sobreescaladas no seu tamaño e realizadas con rede de pesca reutilizada, e que serven para render un tributo infinito ao esforzo das xentes do mar. As súas formas variadas refírense ás distintas tipoloxías de pesca e marisqueo.  Ditas pezas escultóricas foron realizadas polo artista santiagués Méndez- Pitelos fusionando  artesanía escultórica e tecnoloxía de taller na fabricación dos moldes prototipos.

A ambientación portuaria da caseta compleméntase coa recreación dunha estiba portuaria. Un feixe de gaivotas revoletea sobre uns impoñentes guindastres de movemento de carga de pesca.

 

 

 

 

Ficha técnica

Proxecto: Deseño e restyling escenográfico.

Tipoloxía: Stand expositivo oficial Consellería do Mar 2020. 

Superficie: Variable

Localización: Madrid - Bruxelas - Milán - Boston

Ano: 2020

Fotografías: Escenoset.