Vivenda vacacional Casa Escarapote
Casa Escarapote exemplifica a opción preferente por rehabilitar. Para o Estudo, sen dúbida, a máis interesante.
Partindo dunha edificación existente e a través dunha sinxeleza arquitectónica, conséguese o buscado, unha vivenda acolledora e práctica. A reconversión das inherentes dificultades volumétricas do espazo nos propios elementos distintivos conseguen que a vivenda manteña os seus orixinais acenos identitarias. Os interiores manteñen a esencia da característica vivenda mariñeira a través dos seus acabados e revestimentos : madeiras naturais, cromáticas en tonalidades azuis e cerámicas neutras. Na fase contructiva cabe apuntar os reforzos estruturais do forxado que se levaron a cabo combinando vigas e piares de aceiro vistos con puntóns de madeira de eucalipto recuperados do despezamento das bateas de mexillón.
Apuntamos a decisión de nomear á vivenda Casa Escarapote, como unha pequena homenaxe ao sonoro nome da localidade onde se enclava a vivenda, Escarabote, pobo con porto de mar e onde din que, en tempos pasados, era habitual pescar nas súas proximidades o peixe coñecido como escarapote.
Ficha técnica
Proxecto: Rehabilitación de vivenda.
Tipoloxía: Casa Vacacional.
Superficie: 120 m2
Localización: Boiro, A Coruña.
Ano: 2020
Equipamento: Espacio Invisible.
Fotografías: Espacio Invisible.