Vialia - Vigo Exporta
No corazón do edificio proxectado por Thom Mayne atópase o atrium principal, caracterizado éste por ser unha contorna diáfana, ampla e con vistas privilexiadas á ría de Vigo. Os requirimentos por parte da propiedade nesta área era a necesidade de ter un espazo útil para eventos, versátil no seu uso e modular na súa composición.
Novamente a cidade de Vigo e a súa industria serviu de inspiración para a fundamentación do deseño escenográfico. A modularidade e versatilidade do espazo, vén dada por unhas bancadas móbiles e apiladas en dobre altura que se inspiran nos containers marítimos que xunto cos guindastres que os mobilizan configuran unha da fisionomías máis distintivas da cidade.
O escenario, novamente composto por submódulos móbiles, ten a opción de ser reconfigurado segundo a necesidade do evento.
Ficha técnica
Proxecto: Vialia - Vigo Exporta
Tipoloxía: Sector comercial.
Superficie: 300 m2
Localización: Vialia - Vigo. (Pontevedra)
Ano: 2021
Equipamento e execución de obra: Espacio Invisible.
Fotografías: Espacio Invsisible