Vivenda Rías Baixas

Proxecto de deseño e interiorismo integral para vivenda unifamiliar.

Baixo a proposta dun deseño contemporáneo e cálido fundaméntase o proxecto executado para esta vivenda unifamiliar situada en pleno corazón das Rías Baixas.

A vivenda distribúese en dúas plantas, a través das cales se potencian os espazos abertos e diáfanos entre si. Esta premisa escenifícase esencialmente na planta baixa, a través da fusión das áreas de  hall recibidor, cociña e salón principal. É aquí onde os espazos conflúen e dialogan entre sí a través de interiores totalmente abertos, pero que manteñen a nivel organizativo e funcional a súa propia delimitación de usos específicos. O deseño caracterízase por un estilo contemporáneo e atemporal, apostando pola calidez na selección dos materiais contructivos que marcan o eixo troncal do interiorismo. Desta maneira apostouse por utilizar uns panelados verticais en lama de madeira natural de carballo que exercen de fío condutor en toda a vivenda, os cales achegan calidez e confort dunha maneira natural.

No relativo á pavimentación e alicatados, apostouse por formatos extragrandes en pavimentación e formatos máis pequenos nos alicatados verticais para xerar un contraste de texturas e  modulación. A cromática transita por tonalidades areas, brancas e grises. Esta neutralidade de cor xera espazos apetecibles e sosegados como común denominador.


Lumínicamente realizamos un estudo específico nesta parcela, proxectando un deseño  que se caracteriza por xerar microescenas e traballando a luz dunha maneira individual para cada estancia. Os carrís técnicos perfectamente integrados na arquitectura e interiorismo, achégannos esa versatilidade de xogar coa luz e moldeala segundo a necesidade do momento.

 

Ficha técnica

Proxecto: Vivenda Rías Baixas

Tipoloxía: Vivenda unifamiliar

Superficie: 360 m2

Localización: Rías Baixas

Ano: 2024

Equipamento: Espacio Invisible.

Fotografías: Espacio Invisible.