Vivienda Vacacional Casa Escarapote

  • Casa Escarapote exemplifica a opción preferente por rehabilitar. Para o Estudo, sen dúbida, a máis interesante.

    Partindo dunha edificación existente e a través dunha sinxeleza arquitectónica, conséguese o buscado, unha vivenda acolledora e práctica. A reconversión das inherentes dificultades volumétricas do espazo nos propios elementos distintivos conseguen que a vivenda manteña os seus orixinais acenos identitarias.

    Os interiores manteñen a esencia da característica vivenda mariñeira a través dos seus acabados e revestimentos : madeiras naturais, cromáticas en tonalidades azuis e cerámicas neutras.

    Na fase contructiva cabe apuntar os reforzos estruturais do forxado que se levaron a cabo combinando vigas e piares de aceiro vistos con puntóns de madeira de eucalipto recuperados do despezamento das bateas de mexillón.

    Apuntamos a decisión de nomear á vivenda Casa Escarapote, como unha pequena homenaxe ao sonoro nome da localidade onde se enclava a vivenda, Escarabote, pobo con porto de mar e onde din que, en tempos pasados, era habitual pescar nas súas proximidades o peixe coñecido como escarapote.

Ficha técnica

Proxecto: Casa Vacacional

Tipoloxía: Rehabilitación

Superficie: 120 m2

Localización: Boiro, A Coruña.

Ano: 2020

Equipamento: Espacio Invisible.

Fotografías: Espacio Invisible.